Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

analíticas (Google Analytics)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 602 428 382 · info@laiovento.gal
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA

Que libros demostran que os feminismos deixaron a súa pegada nas obras literarias para nenas e nenos? Que grupos de mulleres comezaron a traballar a prol da coeducación e dunha literatura igualitaria en Galicia? Velaquí as dúas preguntas a partir das que nace este ensaio. Un ensaio que quixera abrir ventás, recuperando nomes de activistas, de críticas e de autoras, mais que sobre todo pretende afondar nalgunhas obras que apuntan determinadas tendencias, mostrando que os feminismos serviron na literatura infantil para que aumentasen as rapazas protagonistas (e os xeitos de selo) que aparecían nas obras literarias e para reivindicar e reler escritoras.

Ademais, as angueiras das mediadoras e das autoras feministas permitiron cuestionar a calidade e os valores das narracións destinadas á infancia e á mocidade, posibilitaron novas temáticas, deron presenza aos personaxes LGBT ou privilexiaron outros xeitos de ser nenos e mozos que escapasen aos corsés do xénero. Todo isto facilitou a creación dun lectorado máis crítico, máis imaxinativo e tamén máis empático. Por isto, este é un libro sobre libros que pensa que a literatura aínda pode cambiar o mundo.

Título: FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA

Autor: Montse Pena Presas

catálogo xeral, 360

Compostela, 2018

ensaio

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

174 páxinas

ISBN: 978-84-8487-404-1

prezo 15,80 €

EDICIÓN EBOOK

ISBN: 978-84-8487-405

prezo 8 €

COMEZAR A LERcomezar a ler FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA
MERCAR ONLINEmercar online FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA
ONDE MERCAROnde mercar FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA
FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA - Capa do libro
UN DEMÓCRATA FRONTE Á BARBARIE FASCISTA
USTED DEBERÍA SABER
DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS
A CHUVIA SOBRE O MAR
NATUREZA E VULNERABILIDADE
INÉS
INTELIXENCIA E CREACIÓN
DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE
UMBILICAL
AGORA, EU CARIOTA
CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS
AS COUSAS POLO NOME
DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA
RUTH MATILDA ANDERSON
EMPATÍAS
© Edicións Laiovento, 2016-2026 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro

Financiado por la Unión Europea Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia