Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

analíticas (Google Analytics)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 602 428 382 · info@laiovento.gal
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS

Do reino (e) dos amores proscritos. Unha viaxe á Idade Media máis colorida é unha dramaturxia que evoca e invoca as orixes da cultura galega e de Galiza. Desde os primeiros asentamentos humanos no noroeste da Península Ibérica, pasando pola lenda dos celtas, pola romanización e recuncando no Reino de Galiza. Unha proposta lúdica, na que o texto xoga con varios rexistros: documental, conto, poema, cantiga, diálogo teatral, para (re)crear historias e convocar presenzas de artistas, os trobadores e as soldadeiras, de mulleres pioneiras, as primeiras raíñas, e de amores que aínda hoxe nos poden sorprender. Compoñen este tapiz mutante as evocacións dos trobadores Martín Códax, Mendiño e Xoán de Cangas, da soldadeira María Balteira, das raíñas Sancha e Urraca, dos amores entre Pedro e Munio e entre María Leve e Sancha Pérez, alén doutras figuras citadas.

Este libro contén unha dramaturxia que é como un xoguete que nos convida a unha viaxe no tempo, utilizando como vehículo o teatro. Unha viaxe que se pode desfrutar de dúas maneiras: xogándoa nos escenarios dos teatros que a alumaron, ou xogándoa nos escenarios da nosa mente, estimulada pola lectura deste libro. Trátase, por tanto, dunha viaxe na que a documentación fixo xermolar a imaxinación e a fantasía para recuperar ou recrear os primordios da historia dun pobo singular, da súa lingua e cultura. Todo isto desde unha perspectiva e unha sensibilidade inéditas até agora.

Título: DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS
Unha viaxe á Idade Media máis colorida

Autor: Afonso Becerra de Becerreá

catálogo xeral, 473

Compostela, 2026

teatro

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

82 páxinas

ISBN: 978-84-8487-765-3

prezo 14,95 €

EDICIÓN EBOOK

ISBN: 978-84-8487-766-0

prezo 8,00 €

COMEZAR A LERcomezar a ler DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS
MERCAR ONLINEmercar online DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS
ONDE MERCAROnde mercar DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS
DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS - Capa do libro
USTED DEBERÍA SABER
DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS
A CHUVIA SOBRE O MAR
NATUREZA E VULNERABILIDADE
INÉS
INTELIXENCIA E CREACIÓN
DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE
UMBILICAL
AGORA, EU CARIOTA
CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS
AS COUSAS POLO NOME
DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA
RUTH MATILDA ANDERSON
EMPATÍAS
ET IN GALLAECIA EGO
© Edicións Laiovento, 2016-2026 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro

Financiado por la Unión Europea Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia