Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
(Sada, 1981). Doutora en Filoloxía pola Universidade de Santiago, actualmente é profesora de Didáctica da Lingua e da Literatura na mesma universidade. Ten publicado diversos traballos de investigación e ensaios divulgativos, sobre todo centrados na literatura infantil, na educación literaria e nos estudos de xénero, os seus ámbitos de especialización. Académica correspondente da RAG, en Edicións Laiovento publicou unha parte substancial da súa tese de doutoramento, na obra Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia (2018). Outros dos seus libros son Intempestiva. Unha biografía (literaria) de Xela Arias (2021) ou A voz insurrecta. María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida (2018).

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro