Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
“Entre santos e navallas”, porque Manuel María gustaba coleccionar navallas que arestora adóitase dicir de “multiuso”, incorporados a elas abridor de latas de conservas e mesmo tesouriñas para cortaren as unllas. Nas ferretarías de Parga, á carreiriña dun can de Outeiro de Rei, ten mercado o rapaz máis dunha, e anos despois, en Lugo, cando podía, ía procurar algunha á Cuchillería Aquilino, na rúa de San Pedro, que xa eran máis finas, con mangos ou cachas de nácara. Tamén adquiríu as de Taramundi. O dos santos –nos que era moi versado en vidas e milagres–, cecais lle chegara da man do tío crego, párroco da igrexa de San Froilán, enfronte do cuartel de San Fernando, polos anos 50 do pasado século, logo do “pacto” cos ianquis, cando Eisenhower paseara canda Franco pola Castellana. Do patrón lugués, coñecía os seus andares cal se andivese canda el ou mesmo tiver algún xeito de comunicación divina.
Título: MANUEL MARÍA: ENTRE SANTOS E NAVALLAS
Autor: Manuel Vidal Villaverde
Santiago, 2016
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
74 páxinas
ISBN: 978-84‐8487‐328‐0
tamén dispoñíbel en IBD
prezo 14,80 €
EDICIÓN EBOOK
ISBN: 978-84‐8487‐329‐7
prezo 6,00 €



Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro