Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Manuel Vidal Villaverde (Vigo, 1946) é xornalista, ensaísta, narrador, poeta e crítico literario. Foi colaborador de Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Diario 16 de Galicia, El Progreso, Diario de Pontevedra, A Nosa Terra, Man Común, Cuadernos para el Diálogo e outras publicacións de arqueoloxía, toponimia, entre os que cabe salientar os editados en Gallaecia, Facultade de Xeografía e Historia da USC, Boletín Fontán Sarmiento, Boletín Avriense do Museo Arqueolóxico de Ourense, e Museo de Mondoñedo. Algún destes traballos foi incluído en Bibliografía da Arqueoloxía en Galicia, editado pola Asociación Profesional de Arqueólogos de Galicia, Pontevedra, 2000, así como na Trabe de Ouro e distintas revistas de pensamento crítico. Obtivo os premios de xornalismo “Julio Camba” (1997) e (2003) e “Puro Cora” (1998).

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro