Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
A Editorial Laiovento, na súa tarefa constante de dignificación do País e dos seus sinais de identidade, comprácese en apresentar ao público o presente traballo en que se estuda un aspecto da lingua tan singular como interesante, cal é a inserción de elementos entre o pronome átono anteposto ao verbo e este. O leitor, ou leitora, asiste a un seguimento ao longo do tempo en que se abordan construcións como a do título canto á súa orixe, tipoloxías, proceso de desenvolvimento, etc., para findar ese percurso na época actual reivindicando un trazo característico do galego con enormes posibilidades expresivas.
Recibiu o Premio Carvalho Calero na modalidade de Ensaio correspondente ao ano 1998.
Título: SE O VÓS POR BEN TEVERDES
A interpolación pronominal en galego
Autor: Xosé Manuel Sánchez Rei
Santiago, 1999
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
242 páxinas
ISBN: 978-84-89896-62-8
prezo 24.95 €



Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro