Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Xosé Manuel Sánchez Rei (Corunha, 1973) é Profesor Titular da Área de Filologia Galega e Portuguesa na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.
A súa investigación céntrase na gramática do galego actual, na variación lingüística e na linguaxe literaria, temas sobre os cales ten dado a lume diversos traballos en revistas especializadas, cal Cadernos de Lingua, Diacrítica-Ciências da Linguagem, Estudos Galego-Brasileiros, Madrygal, Revista de Letras, Revista Galega de Filoloxía, Revue Romane, Rostocker Romanitische Abeirten, Verba etc.
En Edicións Laiovento publicou os libros Se o vós por ben teverdes. A interpolación pronominal en galego (1999; Premio Carvalho Calero de Investigación Lingüística, 1998), A lingua galega no cancioneiro de Pérez Ballesteros (2006, finalista nos Premios da Crítica) e Lingua galega e variación dialectal (2011), Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX (2017), Estudos atuais de linguística galego-portuguesa (2019, con M. Aldina Marques) etc.. Nesta mesma editora, traduciu para o galego o Curso de Lingüística Xeral de Ferdinand de Saussure (2005).
Recentemente, deu a lume Traditional Galician Cancioneiro Compiled by Cipriano Torre Enciso (2019, con Catalina T. Castillón, 2 vols.) ou Xosé Seivane. A gaita con maiúscula (2019).

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro