Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
A arte de Castelao nos 75 anos do seu pasamento
No 75 aniversario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886–1950) en Bos Aires, Galiza lembra unha figura clave da súa cultura. Este volume céntrase na súa contribución ás artes plásticas, nas que destacou como creador dunha arte galega moderna, cun estilo orixinal que combinou o debuxo satírico cun fondo compromiso ético e político. A súa obra denuncia a inxustiza, o caciquismo, a emigración ou o racismo, mais faino sempre a través dunha coidada construción visual.
Reúnense aquí dous estudos complementarios: Dar forma á diferenza, que ofrece unha visión sintética da súa obra ata a Guerra Civil, e Novo diálogo, centrado nos seus “Debuxos de negros” e na súa mirada solidaria cara a poboacións racializadas. Ambos textos reflexionan sobre a forza expresiva dunha obra que une cultura popular e compromiso político, e que segue a ser esencial para entender o noso pasado e presente.
Título: NOVO DIÁLOGO
ACHEGAS A OBRA PLÁSTICA DE CASTELAO
Autor: Carlos López Bernárdez
Compostela, 2025
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
86 páxinas
ISBN: 978-84-8487-725-7
prezo 19,95 €
EDICIÓN EBOOK
ISBN: 978-84-8487-726-4
prezo 11,00 €




Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro