Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é historiador da arte e desenvolve o seu labor como ensaísta de temas artísticos e literarios e comisario de exposicións.
Entre os seus libros destacan Breve historia da arte galega (2005); Maruja Mallo, a pintura da nova muller (2010); Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane (2011); Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane (Laiovento, 2016); Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega (Laiovento, 2018) e Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta (Laiovento, 2020).
No ámbito dos estudos literarios publicou traballos sobre Manuel Antonio, Vicente Risco, Lorenzo Varela, X. Mª Álvarez Blázquez e Ramón Cabanillas. Das súas publicacións en catálogos e comisariados destacan Diáspora. Dez artistas galegos no exilio latinoamericano; De Vigo a Bos Aires. Laxeiro e a arte galega de posguerra; Seoane. Razón e compromiso; Faces do país. O retrato en Galicia 1890-1950; Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos e Foi un home. Laxeiro en América.
Na actualidade desenvolve a crítica de arte no suplemento Faro da Cultura do Faro de Vigo e en Sermos, suplemento de Nós Diario.

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro