Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

analíticas (Google Analytics)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 602 428 382 · info@laiovento.gal
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

DESOBEDIENCIA CIVIL

As grandes promesas da modernidade non se cumpriron. A promesa de igualdade fica nunha ficción perante as enormes fendas entre ricos e pobres. A promesa de liberdade tampouco supera os límites das declaracións formais. E outra promesa, a da dominación da natureza, estanos a conducir a un desastre ecolóxico planetario cuxos efectos xa están a padecer os individuos e os territorios máis empobrecidos. A democracia actual cada vez está máis limitada a aspectos formais, nunha versión procedimental e elitista da mesma. Vivimos un estado de cousas onde os gobernos democraticamente elixidos teñen cada vez máis restrinxida a súa capacidade de actuación nas políticas económicas, rompendo cos compromisos adquiridos e frustrando as expectativas de quen os elixiron. A condición de cidadán muda na dun súbdito, cuxa única esfera de poder redúcese ao ámbito privado, e onde a maior liberdade é a de consumir cando dispón de medios suficientes.

Neste mundo económico global, e no estado de excepción permanente que o acompaña, os dereitos sociais vanse baleirando fronte á mercantilización da vida. Todas estas razóns esixen entender a desobediencia civil como unha figura complexa que comparte elementos co resto das outras figuras e estratexias que implican desobediencia e resistencia perante o poder. Achámonos, pois, en situación de comezar a pensar a desobediencia civil no sentido máis amplo e aberto dunha desobediencia tamén social e política.

Título: DESOBEDIENCIA CIVIL
Unha estratexia para a resistencia e a dignidade

Autor: Henrique del Bosque Zapata

catálogo xeral, 440

Compostela, 2023

ensaio

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

128 páxinas

ISBN: 978-84-8487-653-3

tamén dispoñíbel en IBD

prezo 13,95 €

EDICIÓN EBOOK

ISBN: 978-84-8487-654-0

prezo 7,00 €

COMEZAR A LERcomezar a ler DESOBEDIENCIA CIVIL
MERCAR ONLINEmercar online DESOBEDIENCIA CIVIL
ONDE MERCAROnde mercar DESOBEDIENCIA CIVIL
DESOBEDIENCIA CIVIL - Capa do libro
UN DEMÓCRATA FRONTE Á BARBARIE FASCISTA
USTED DEBERÍA SABER
DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS
A CHUVIA SOBRE O MAR
NATUREZA E VULNERABILIDADE
INÉS
INTELIXENCIA E CREACIÓN
DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE
UMBILICAL
AGORA, EU CARIOTA
CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS
AS COUSAS POLO NOME
DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA
RUTH MATILDA ANDERSON
EMPATÍAS
© Edicións Laiovento, 2016-2026 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro

Financiado por la Unión Europea Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia