Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
O legado cultural da Antigüidade Grecolatina espalla a súa enorme influencia por todo o mundo occidental ata os nosos días e, aínda que penetra con certas dificultades na literatura galega, é un dos máis destacados alicerces temáticos do teatro galego dos séculos XX e XXI. Os mitos e as lendas do mundo grecolatino, os episodios históricos da época antiga, as ideas dos seus grandes filósofos ou as obras tráxicas e cómicas reviven nas achegas dramáticas de Manuel Lourenzo, Isaac Díaz Pardo, Millán Picouto, María Xosé Queizán, Xosé Manuel Rodríguez Pampín ou Luz Pozo Garza, entre outras moitas figuras de renome da nosa literatura contemporánea.
Melpómene entre nós é un ensaio que afonda nas polimorfas reinterpretacións da tradición clásica a través da ollada dos nosos dramaturgos e das nosas dramaturgas, unha obra que se constrúe sobre a análise e o comentario dunha ampla selecta de textos teatrais dende unha perspectiva filolóxica e que busca reivindicar a literatura dramática inspirada nos modelos clásicos para o canon das nosas letras.
Título: MELPÓMENE ENTRE NÓS
A reelaboración dos clásicos grecolatinos na dramaturxia galega contemporánea
Autor: Iria Pedreira
Compostela, 2023
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
458 páxinas
ISBN: 978-84-8487-625-0
tamén dispoñíbel en IBD
prezo 29,95 €
EDICIÓN EBOOK
ISBN: 978-84-8487-626-7
prezo 15,00 €




Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro