Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

analíticas (Google Analytics)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 602 428 382 · info@laiovento.gal
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

UNHA CORRENTE SALVAXE. HISTORIA DUNHA DESCOÑECIDA.

Pais e fillos, segredos e mentiras, culpa e redención.

Nestas dúas obras protagonizadas por mulleres, Dans mergúllase nas zonas máis escuras da alma humana e afonda na nosa capacidade para facérmonos dano. Aquí, coma no resto do seu teatro, todos perden.

Antes de iniciar unha nova vida a carón dun home ao que non ama e co que aínda así vai casar, cómpre que Ana salde unha débeda co seu pasado. Este é o arranque d’ Unha corrente salvaxe, coa que o autor ganou o XXXVII Premi Born de Teatre 2012. Segundo os membros do xurado, “a obra desenvolve un misterio moi logrado, e recrea diversas atmosferas de intriga e suspense, grazas á complexidade dos personaxes e das situacións e á axilidade dos diálogos”.

En Historia dunha descoñecida, inquietante thriller psicolóxico, Adela apura os últimos días de setembro e da súa madurez na casa de veraneo que ten na praia mentres o seu home, escritor de éxito, lle pon fin á súa nova novela, sen saberen que está a piques de descubrirse o perturbador segredo sobre o que se sustenta o seu mundo.

Unha corrente salvaxe atrapa ao lector desde o inicio…, nunha dinámica que o vai ir sorprendendo a medida que avanza, e ao que non lle queda marxe para sequera tentar adiviñar o desenlace, habituado a que a páxina seguinte reconfigure a historia novamente” (X. M. Eyré).

Unha corrente salvaxe ten recendos da mellor traxedia clásica… Unha auténtica bomba de reloxería… Todo un pracer lector do que non convén privarse” (Armando Requeixo).

Título: UNHA CORRENTE SALVAXE. HISTORIA DUNHA DESCOÑECIDA.

Autor: Raúl Dans

catálogo xeral, 384

Compostela, 2020

teatro

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

214 páxinas

ISBN: 978-84-8487-474-4

tamén dispoñíbel en IBD

prezo 17,95 €

EDICIÓN EBOOK

ISBN: 978-84-8487-475-1

prezo 8,00 €

COMEZAR A LERcomezar a ler UNHA CORRENTE SALVAXE. HISTORIA DUNHA DESCOÑECIDA.
MERCAR ONLINEmercar online UNHA CORRENTE SALVAXE. HISTORIA DUNHA DESCOÑECIDA.
ONDE MERCAROnde mercar UNHA CORRENTE SALVAXE. HISTORIA DUNHA DESCOÑECIDA.
UNHA CORRENTE SALVAXE. HISTORIA DUNHA DESCOÑECIDA. - Capa do libro
UN DEMÓCRATA FRONTE Á BARBARIE FASCISTA
USTED DEBERÍA SABER
DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS
A CHUVIA SOBRE O MAR
NATUREZA E VULNERABILIDADE
INÉS
INTELIXENCIA E CREACIÓN
DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE
UMBILICAL
AGORA, EU CARIOTA
CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS
AS COUSAS POLO NOME
DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA
RUTH MATILDA ANDERSON
EMPATÍAS
© Edicións Laiovento, 2016-2026 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro

Financiado por la Unión Europea Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia