Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

analíticas (Google Analytics)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 602 428 382 · info@laiovento.gal
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

Raúl Dans

Raúl Dans (A Coruña, 1964). Autor teatral, guionista e actor de dobraxe. O teatro de Dans obtivo o recoñecemento dos premios Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro, Laudamuco e, tamén, o Born en dúas ocasións e o Jardiel Poncela da SGAE por As cancións que lles cantaban aos cativos.

Entre as súas obras destacan: Matalobos, Lugar, Derrota, Chegamos despois a unha terra gris (Premio AELG 2012 de Teatro), Nachtmahr e Só un home bo (Premio Follas Novas de Teatro 2021). Ademais, Dans escribiu o ensaio Confesións dun practicante. As aventuras dun dramaturgo en Galicia (Tris Tram), no que reflexiona sobre a súa traxectoria profesional e a súa escritura. Creador, argumentista e dialoguista de series de ficción (A miña sogra e mais eu, Pratos combinados, A vida por diante…), Dans obtivo o Premio Mestre Mateo de Guión con Terra de Miranda (2003) e As leis de Celavella (2005).

Edicións Laiovento publicou en 2020 unha edición definitiva de Unha corrente salvaxe xunto con Historia dunha descoñecida, nun volume que tivo unha ampla e moi favorable recepción crítica.

Foto de Raúl Dans

Información relacionada

UN DEMÓCRATA FRONTE Á BARBARIE FASCISTA
USTED DEBERÍA SABER
DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS
A CHUVIA SOBRE O MAR
NATUREZA E VULNERABILIDADE
INÉS
INTELIXENCIA E CREACIÓN
DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE
UMBILICAL
AGORA, EU CARIOTA
CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS
AS COUSAS POLO NOME
DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA
RUTH MATILDA ANDERSON
EMPATÍAS
© Edicións Laiovento, 2016-2026 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro

Financiado por la Unión Europea Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia