Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
MANUEL LOURENZO (Ferreira do Valadouro, 1943) comeza a facer teatro nos anos sesenta do século pasado, sendo propulsor en Galiza do teatro independente coa creación de grupos como O facho (1965), Teatro Circo (1967), Escola Dramática Galega (1978), Teatro Luís Seoane (1980), Clube Teatral Elsinor (1990), e Casahamlet (1998). Traballou para colectivos, como Tespis, Alvardán, Centro dramático Galego, Quisquilláns, Uvegá Teatro, aulas universitarias de teatro, escolas municipais, etc.
Autor dunha obra dramática e ensaística copiosa; profesor, conferenciante, tradutor, actor e director teatral, Manuel Lourenzo ten recibido numerosos premios, como o estatal de Literatura Dramática (1997) e o Nacional da Cultura Galega en Artes Escénicas (2008).
Citemos, entre as súas obras, Veladas indecentes (1996), O circo da media noite (2001), O glaciar (2005), As horas baixas (2008), Flores de Dunsinane (2010)...
2012 :
NOVO TEATRO FANTÁSTICO
2010 :
TRES VERSIÓNS
2009 :
CONCERTO
2008 :
AS HORAS BAIXAS
2007 :
ELÉCTRICAS
2006 :
ECLIPSES
2005 :
NOCTURNOS
2005 :
CAMIÑAR POLO ARAME CUNHA LATA DE CERVEXA
1996 :
VELADAS INDECENTES

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro