Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Hai anos que se estreara o CONCERTO que dá nome a este tomiño de teatro en que Manuel Lourenzo xunta sete pezas diversas en aparencia, mais que teñen en común o encontro co diálogo no tempo tortuoso da individualización e da apatía. O diálogo humano, específico; o coloquio extraordinario dunha raza que non sabe o que facer para acurtar o tempo da súa extinción nun planeta metrallado desde todas as esquinas. A VELADA, CONCERTO, WALDO, EN POUCAS PALABRAS, RINGO E TAMARA, UNHA MAN DE NORDÉS e mais dúas peciñas sobre Darwin, falan da deserción, da mentira, da estulticia, mais tamén da ilusión e do encontro, da viaxe e do camiño.
Título: CONCERTO
Autor: Manuel Lourenzo
Catálogo Xeral, 255
Santiago, 2009
Teatro
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
144 páxinas
ISBN: 978-84-8487‐176‐7
prezo 14,00 €