Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Carys Evans-Corrales (Londres, 1949-Bradford, Pennsilvania, 2020) foi escritora, tradutora, profesora e, se cadra sobre todas as cousas, unha entusiasta dos idiomas, cos que foi entrando en contacto ao longo da súa vida nómade. O traballo do pai, profesor universitario de Lingua e Literatura, fixo que a súa infancia e mocidade transcorresen entre Singapur, Malaisia e Xamaica. Iniciou ou seus estudos universitarios no seu país natal e concluíunos en Sevilla e Salamanca. Durante máis de dez anos, ata 1985, viviu en Compostela traballando como lectora de Inglés. Finalmente, marchou a Estados Unidos, onde desenvolveu unha intensa actividade no ámbito universitario e como tradutora ao inglés de autores galegos; entre eles, Miguel-Anxo Murado, Pilar Pallarés, Anxos Sumai, Xurxo Borrazás…

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro