Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

analíticas (Google Analytics)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 602 428 382 · info@laiovento.gal
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

MOZA FALANGUEIRA PROCURA LINGUA MATERNA (2ª ED)

Traducion de Pepe Coira e Marta Cuba.

“O relato dunha peregrinación á procura da verdade e da identidade a través do son das palabras”. Así define este particular libro de memorias a súa autora, Carys Evans-Corrales (1949-2020), lingüista, profesora, tradutora (traduciu ao inglés numerosos autores galegos: Murado, Pallarés, Sumai, Borrazás…) e protagonista dunha singular peripecia vital.

Con só tres meses de idade deixou o seu Londres natal para se instalar en Singapur, onde o pai conseguira traballo como profesor de Lingua e Literatura. As súas primeiras palabras foron en hainanés, o idioma da muller chinesa que a coidaba. E logo había entrar en contacto co malaio en Kuala Lumpur, co crioulo en Kingston, co galés na terra dos pais, co inglés e as súas infinitas variantes desde York a New Jersey, co galego e o castelán na Compostela do final do franquismo e os inicios da democracia…

A Carys cadroulle vivir, falar e escoitar en países que, coma a propia autora, estaban á procura dunha identidade. Moza falangueira procura lingua materna é o relato vital dunha muller que viviu os idiomas coma “ferramentas para intentar descifrar o mundo e para sabermos quen somos”.

Título: MOZA FALANGUEIRA PROCURA LINGUA MATERNA (2ª ED)

Autor: Carys Evans-Corrales

catálogo xeral, 421

Compostela, 2023

narrativa

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

182 páxinas

ISBN: 978-84-8487-613-7

tamén dispoñíbel en IBD

prezo 16,95 €

EDICIÓN EBOOK

ISBN: 978-84-8487-614-4

prezo 8,00 €

COMEZAR A LERcomezar a ler MOZA FALANGUEIRA PROCURA LINGUA MATERNA (2ª ED)
MERCAR ONLINEmercar online MOZA FALANGUEIRA PROCURA LINGUA MATERNA (2ª ED)
ONDE MERCAROnde mercar MOZA FALANGUEIRA PROCURA LINGUA MATERNA (2ª ED)
MOZA FALANGUEIRA PROCURA LINGUA MATERNA (2ª ED) - Capa do libro
NATUREZA E VULNERABILIDADE
INÉS
INTELIXENCIA E CREACIÓN
DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE
UMBILICAL
AGORA, EU CARIOTA
CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS
AS COUSAS POLO NOME
DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA
RUTH MATILDA ANDERSON
EMPATÍAS
ET IN GALLAECIA EGO
Sobre Vilanova de Alba
REFERENTIAS
CARTOGRAFÍA IDEOLÓXICA DE XOSÉ LOIS GARCÍA
© Edicións Laiovento, 2016-2026 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro

Financiado por la Unión Europea Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia