Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Laxeiro, José Otero Abeledo (Lalín, 23 de febreiro de 1908-Vigo, 21 de xullo de 1996).
Membro destacado do grupo coñecido como Os novos, da Vangarda histórica galega, Laxeiro foi un dos artífices da introdución da pintura galega na contemporaneidade. A súa singular obra é unha síntese da tradición cultural galega e as preocupacións formais que trazan o fío condutor de diferentes movementos de vangarda ao longo do século XX. Pintor intuitivo e xenial, como o definiu o seu amigo Isaac Díaz Pardo, Laxeiro soubo catalizar a rica bagaxe do pensamento máxico da Galicia tradicional e plasmalo na súa obra pictórica dende un claro compromiso coa renovación, dentro do proxecto de construción dunha arte diferenciada para Galicia. A partir destes postulados, non é difícil rastrexar a súa evolución plástica que transita ao carón de diferentes movementos renovadores internacionais, como A nova obxectividade, o Expresionismo, a Art Brut, o Grupo CoBrA ou o Informalismo, trazando unha liña evolutiva que sempre se decantou do lado da pintura de pulsión, en oposición a outros movementos de renovación máis analíticos.
2018:
OS MONOS DE LAXEIRO