Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Segundo un informe do Grupo parlamentario dos Verdes-ALE: “Se o Parlamento europeo tivese apoiado a proposta da Comisión europea, no canto de flexibilizala, o Prestige non circularía xa a estas alturas. O ponente no Parlamento foi Hatzidakis, un deputado grego do Grupo Popular. A súa ponencia foi aprobada xa na primeira votación porque Hatzidakis propuxo atender as reclamacións dos armadores e adoptar unha actitude compracente co Consello de ministros da UE”. Ou sexa: debémoslle ao Grupo Popular do Parlamento europeo, e ao Consello de ministros de Bruxelas, do que forman parte os membros do Goberno español que preside Aznar, que o Prestige chegase ás nosas costas coa súa carga mortífera o 13 de novembro.
Título: A CATÁSTROFE DO «PRESTIGE»
Autor: Xosé Manuel Beiras Torrado
Breviarios, 12
Santiago, 2003
-
EDICIÓN IMPRESA
12x17cm
79 páxinas
ISBN: 978-84-8487-024-3
prezo 5,00 €