Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Nos últimos anos Henrique Rabuñal ten estudado e escrito sobre diversos aspectos da nosa cultura. Neste volume recóllense algúns dos máis sobranceiros que son ás veces tamén intervencións do autor en diversos foros de análise do noso teatro, do noso pensamento, da nosa arte. Por iso, os verdadeiros protagonistas deste libro son algúns dos máis senlleiros autores galegos das últimas centurias: desde Sarmiento a Pondal, desde Murguía a Carvalho Calero, desde Lugrís Freire a Luís Seoane, desde Galo Salinas a Blanco Amor, desde Luís Seoane a Guerra da Cal, desde Rafael Dieste a Ánxel Casal, desde Jenaro Marinhas a Fernández Ferreiro, nomes propios da verdadeira historia galega.
Título: PALABRA E PATRIA
Escritos sobre cultura, teatro e literatura galegas
Autor: Henrique Rabuñal Corgo
Santiago, 2005
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
197 páxinas
ISBN: 978-84-8487-069-2
prezo 8,00 €



Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro