Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Edicións Laiovento ofrece nesta ocasión ao público lector a versión galega, actualizada, do libro España uniforme de José Ignacio Lacasta-Zabalza, intelectual de estilo brillante, heterodoxo, lúcido e de personalidade coerente.
A partir dun rexistro correcto, non exento de fondo rigor académico e inserido, por veces, nun ambiente sarcástico, o autor amosa un discurso perfectamente argumentado, ben razoado e alleo ao discurso oficialista do sistema que concorda coa vocación de revolta contra a uniformidade española.
Unha uniformidade que, segundo o autor, non está exenta de perigo antidemocrático, contra a que fago miña unha aguda reflexión de Castelao “A cegueira dos hespañoes é mal que non ten cura, porque é cegueira voluntaria. Cerran os ollos para non veren”.
Cumprindo coa nosa obriga de estarmos informados do que está a acontecer no resto do Estado español, sentímonos moi honrados de compartir cos lectores e lectoras a obra dun intelectual de altura, como é o caso de José Ignacio Lacasta-Zabalza.
Tradución do español: Mercedes Queixas Zas.
Título: ESPAÑA UNIFORME
Autor: José Ignacio Lacasta-Zabalza
Santiago, 2001
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
302 páxinas
ISBN: 978-84-89896-88-8
prezo 26,95 €



Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro