Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

analíticas (Google Analytics)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 602 428 382 · info@laiovento.gal
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

CUMES TORBOENTOS

Tradución, introdución e notas de L.C. Carballal

Wuthering Heights” ou “Cumes Torboentos”, na nosa tradución, é unha das novelas inglesas máis sobranceiras do século XIX e Emily Brontë, a súa autora, pertence a ese escaso e escolleito fato de escritores que acadaron o recoñecemento literario cun único libro, aínda que en verdade tamén é autora dalgúns poemas.

A novela é unha exposición arrebatadora sobre o fado, a obsesión, a paixón e maila vinganza a través duns personaxes de espírito atolado ou mesmo perverso que viven nun ámbito social predominantemente mesquiño e nunha natureza agreste, mormente inclemente e tan ríspeta coma moitos dos persoaxes.

É unha narrativa adiantada ao seu tempo que será un modelo para a literatura romántica posterior, coa súa historia pasional de amor, odio e vinganza nun ambiente hostil. Unha obra que crebou os canons morais da Inglaterra vitoriana e os estilísticos coa súa estrutura de bonecas matrioscas. Con todo, “Cumes Torboentos” non só é a historia do amor imposíbel entre Catherine e Heathcliff, senón que tamén abranxe as relacións amorosas da xeración seguinte: os seus respectivos fillos e mailo seu sobriño, e como Heathcliff manipula estas movido pola vinganza e mailo odio. E ao cabo, todo volve ao rego coma se a estraña anomalía que supuxo a aparición e maila existencia de Heathcliff non fose máis ca unha breve tempestade no devir dos páramos.

Cumes Torboentos” é un libro que gañou o dereito a figurar entre as cen, ou mesmo as cincuenta, obras que calquera afeccionado á literatura debe ler porque é, sen dúbida, unha das mellores novelas de tódolos tempos.

Título: CUMES TORBOENTOS

Autor: Emily Brontë

catálogo xeral, 438

Compostela, 2023

narrativa

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

382 páxinas

ISBN: 978-84-8487-649-6

tamén dispoñíbel en IBD

prezo 23,95 €

EDICIÓN EBOOK

ISBN: 978-84-8487-650-2

prezo 12,00 €

COMEZAR A LERcomezar a ler CUMES TORBOENTOS
MERCAR ONLINEmercar online CUMES TORBOENTOS
ONDE MERCAROnde mercar CUMES TORBOENTOS
CUMES TORBOENTOS - Capa do libro
RICARDO II
O GALEGO, LINGUA NACIONAL... OU LINGUA AUTONÓMICA?
O PORTÃO VERDE
MEMÓRIA HISTÓRICA E IDENTIDADE NACIONAL
CANDO CHEGOU A NOITE
ESPAÇOS AFETIVOS DA GALIZA NA LISBOA ATUAL
QUERIDA MORTE RACHADA
UN DEMÓCRATA FRONTE Á BARBARIE FASCISTA
USTED DEBERÍA SABER
DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS
A CHUVIA SOBRE O MAR
NATUREZA E VULNERABILIDADE
INÉS
INTELIXENCIA E CREACIÓN
DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE
© Edicións Laiovento, 2016-2026 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro

Financiado por la Unión Europea Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia