Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
O azul entre o ceo e a auga, de Susan Abulhawa, xa traducido amáis de 20 idiomas, achégase agora en galego.
Conta a historia dunha familia palestina, os Baraka, que a través de diversas xeracións de mulleres, enleadas no tempo e no espazo, nos amosan a dura realidade da franxa de Ghaza. Desde a tola Um Mamdouh ata a americana perdida Nur, pasando pola valente e desleigada Nazmiyeh ou Mariam a dos ollos de dúas cores. Personaxes masculinos e femininos nun territorio que lles é hostil e onde a forza, o humor, os lazos familiares, as obrigas e as lembranzas, crean unha rede que lles permite seguir adiante.
Unha historia de resiliencia, onde vemos como podemos resistir malia todas as condicións externas adversas grazas á fortaleza das matriarcas.
É unha novela de exilio e desarraigo, de esperanza e afouteza, de atopar a propia identidade e o respecto no conflito palestinoisraelí, onde o mundo máxico e o real se mesturan para confluíren na idea do azul entre o ceo e a auga, onde sempre se está, unindo presente e pasado:
Tradución de Rocío Viéitez FerroBúscame
Estarei no azul
Entre o ceo e a auga
Onde todo o tempo é agora
E onde estamos xuntos
Fluíndo coma un río
Título: O AZUL ENTRE O CEO E A AUGA
Autores:
Compostela, 2023
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
382 páxinas
ISBN: 978-84-8487-647-2
tamén dispoñíbel en IBD
prezo 23,95 €
EDICIÓN EBOOK
ISBN: 978-84-8487-648-9
prezo 13,00 €




Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro