Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

analíticas (Google Analytics)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 602 428 382 · info@laiovento.gal
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

O CANTAR DOS MÚSICOS ERRANTES

“Como músico de vello e escritor, non podo por menos que felicitarme dobremente pola aparición deste libro de Xulio Valcárcel. Como músico, porque se trata dunha obra que recolle, gaba e restitúe a memoria daqueles músicos anónimos que, con maior ou menor “afinación”, mantiveron viva a chama da nosa tradición (e mesmo importaron outras) naquela España en branco e negro do século pasado, na que transcorreu a infancia do autor e a de moitos de nós, ou dos nosos devanceiros.

Como escritor (ou simplemente como lector), porque estamos ante un libro singular, que mestura realidade e ficción (“novela somerxida”, como cualificou Claudio Magris a súa obra O Danubio), un libro que vai máis aló da temática estritamente musical para cicelar un atinado e exhaustivo retrato, ás veces case que antropolóxico (incluídas algunhas historias peculiares, non exentas de comicidade), daquel tempo, daquel mundo que se foi baleirando coa emigración e hoxe agonía, pasto do desleixo e do silencio. Un mundo que nos nutriu e nos segue nutrindo como pobo, aínda que ás veces o ignoremos. Memoria seminal do que fomos ou soñamos ser, que esta obra contribúe a rescatar e preservar para ás futuras xeracións”.

Manuel Blanco López

Músico e poeta

Título: O CANTAR DOS MÚSICOS ERRANTES

Autor: Xulio López Valcárcel

catálogo xeral, 436

Compostela, 2023

narrativa

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

204 páxinas

ISBN: 978-84-8487-641-0

tamén dispoñíbel en IBD

prezo 17,95 €

EDICIÓN EBOOK

ISBN: 978-84-8487-642-7

prezo 9,00 €

COMEZAR A LERcomezar a ler O CANTAR DOS MÚSICOS ERRANTES
MERCARmercar O CANTAR DOS MÚSICOS ERRANTES
O CANTAR DOS MÚSICOS ERRANTES - Capa do libro
ET IN GALLAECIA EGO
Sobre Vilanova de Alba
REFERENTIAS
CARTOGRAFÍA IDEOLÓXICA DE XOSÉ LOIS GARCÍA
NOVO DIÁLOGO
AS GUERRAS. ENTRE A RETÓRICA E A VIOLENCIA
CONECTA CO ÍNTIMO
FÍOS DE TRANSPARENCIA ACESA
NAZISMO E CLASE OBREIRA (1933 - 1993)
O QUE ESTOU A DICIR CANDO DIGO «ALTRI NON»
LEVITACIÓN, NIVEL INICIACIÓN
GOLPISTAS E REPRESORES
CANÍCULA
DOMINGO E OUTRAS HISTORIAS
G
© Edicións Laiovento, 2016-2025 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro

Financiado por la Unión Europea Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia