Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

analíticas (Google Analytics)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 602 428 382 · info@laiovento.gal
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

MURGUÍA

Home de inmensa cultura, lector infatigábel, enérxico polemista, auténtica enciclopedia galega, Manuel Murguía combinou a militancia galeguista e progresista para ser un dos grandes xornalistas, o historiador da nación galega por excelencia, un conflitivo funcionario, a cabeza visíbel do rexionalismo e o primeiro presidente da Academia Galega.

Compartiu con Rosalía de Castro tres décadas intensas, unha familia, moitos proxectos e á memoria e grandeza dela dedicou, cos seus erros e acertos, unha morea de esforzos.

Ademais de centos de artigos, escribiu un conxunto de libros que superan as 7000 páxinas. Entre eles os cinco tomos da Historia de Galicia complementados co monumental Galicia, o estudo sobre El foro, o Diccionario de Escritores, El regionalismo gallego, El arte en Santiago durante el siglo XVIII, Diego Gelmírez ou Los trovadores gallegos. Da súa obra de creación merece destacarse En prosa. Sen esquecer a singularidade do seu libriño para as escolas La primera luz e Los Precursores, memoria da súa vida e do seu tempo.

Cen anos despois do seu pasamento, Henrique Rabuñal apreixa a súa biografía intelectual para sabermos máis de nós mesmos, para calibrar a valía das súas achegas e dos seus devezos, sempre encamiñados no servizo a Galiza e na defensa dos seus intereses, dignidade e soberanía.

Título: MURGUÍA
Un século despois

Autor: Henrique Rabuñal Corgo

catálogo xeral, 423

Compostela, 2022

ensaio

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

138 páxinas

ISBN: 978-84-8487-609-0

tamén dispoñíbel en IBD

prezo 14,375 €

EDICIÓN EBOOK

ISBN: 978-84-8487-610-6

prezo 7,00 €

COMEZAR A LERcomezar a ler MURGUÍA
MERCAR ONLINEmercar online MURGUÍA
ONDE MERCAROnde mercar MURGUÍA
MURGUÍA - Capa do libro
USTED DEBERÍA SABER
DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS
A CHUVIA SOBRE O MAR
NATUREZA E VULNERABILIDADE
INÉS
INTELIXENCIA E CREACIÓN
DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE
UMBILICAL
AGORA, EU CARIOTA
CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS
AS COUSAS POLO NOME
DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA
RUTH MATILDA ANDERSON
EMPATÍAS
ET IN GALLAECIA EGO
© Edicións Laiovento, 2016-2026 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro

Financiado por la Unión Europea Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia