Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
A innovación é un fenómeno necesario para que as sociedades prosperen, mais non está exento de controversia. De feito, para o pensamento “crecentista”, a innovación é necesaria fundamentalmente como motor para acadar o crecemento económico. Nun contexto institucional dominado pola ideoloxía neoliberal, que se vén manifestando -entre outras maneiras- a través das coñecidas como políticas de austeridade e dos recortes orzamentarios no sector público, os territorios menos desenvolvidos tecnoloxicamente e con tecidos industriais máis febles precisan da firme intervención pública para fomentar a innovación empresarial. Nesta obra abórdase o problema da planificación e execución orzamentaria das políticas para fomentar a innovación en Galicia, ofrecendo unha interpretación desde unha perspectiva sistémica e posibles alternativas cara ao futuro. Ao longo da obra e da rigorosa análise dos datos, que esixiu unha apaixonante combinación entre esforzo descritivo e claridade comunicativa, agromarán problemas para o desenvolvemento tecnolóxico e innovador galego como a dependencia económica e o centralismo.
Título: O ESTRANGULAMENTO TECNOLÓXICO DE GALIZA
Análise das políticas europeas para innovación rexional durante a Gran Recesión
Autor: Diego Sande Veiga
Compostela, 2020
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
208 páxinas
ISBN: 978-84-8487-497-3
tamén dispoñíbel en IBD
prezo 19,95 €
EDICIÓN EBOOK
ISBN: 978-84-8487-498-0
prezo 8,00 €




Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro