Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
O suízo Friedrich Glauser naceu en 1896. Foi un toxicómano incapacitado e endebedado de por vida, infrinxiu a lei repetidamente e tivo a miúdo comportamentos de dubidosa moralidade. Por mor diso estivo internado durante anos en institucións psiquiátricas e intentou suicidarse en varias ocasións. Enrolouse na Lexión Estranxeira e exerceu os máis inverosímiles oficios. Finou novo.
Glauser non foi un suízo arquetípico, nin foi un home feliz. Tiña unha vocación literaria invencíbel, pero só viu dúas novelas publicadas ao longo da súa errática vida. A primeira foi Schlumpf, Erwin: Homicidio. Glauser levaba máis de vinte anos escribindo contos, poemas, ensaios e recensións, pero non coñeceu o éxito até dous anos antes de morrer en Italia. O sarxento Studer é a súa gran creación.

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro