Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Carlos Méixome Quinteiro. Aínda que dezán de nacenza (O Carrio, Val, Lalín, 1954), sendo un cativo levárono para O Carballiño. O oficio profesoral, impartindo Xeografía e Historia, levouno a asentarse no Val de Miñor, no comezo dos noventa, ata a súa xubilación.
Estudou Filosofía e Ciencias da Educación, en tempos de incerteza, formando parte dunha xeración algo esquecida: a de ERGA. Participou, dende novo, no activismo político e cultural nacionalista.
Colaborou co IGADI e e 1999 participou na fundación do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), do que foi director ata 2015. Ten publicado sobre cuestións de historia contemporánea e do nacionalismo e colaborado en medios de prensa e revistas culturais. Dende 2014 mantén o blog Pé do Galiñeiro.
Dende 2005 ten desenvolvido unha ampla actividade memorialista arredor da persecución franquista no Val de Miñor e desenvolvido unha serie de investigacións sobre a mesma na área sur da provincia de Pontevedra. Algunhas delas recolléronse en Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor, (Laiovento, 2021)

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro