Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Foi preto de vinte anos da súa vida (1966-1983) docente en distintas universidades. Tentou contribuír ao movemento de afirmación do poder sindical das persoas traballadoras, loitando contra as burocracias paralizantes do movemento obreiro e do Partido Comunista italiano. Foi afastado da Universidade cunha sanción disciplinaria, o que o obrigou a reorganizar a súa vida. Fíxose traballador autónomo e creou unha microsociedade consultora, exposta ás incógnitas e aos riscos do mercado, mais capaz de entrar en mecanismos de poder moi complexos e en proxectos de innovación de enorme interese. Fixéronlle falta, para non ficar nas marxes do mercado e poder sobrevivir, redes de relacións, de amizade, de complicidade, que construiu durante os vinte anos anteriores. Mais non tivo que cambiar de orientación política ou estilo de vida, non tivo que “mudar de pel”.

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro