Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Robert Walser naceu en Biel, no Cantón de Berna, o 15 de abril de 1878. Sendo un home novo, viviu en varias cidades de Suíza e Alemaña, incluída Berlín, a onde chegou en 1905. En 1913 volveu andando a Suíza. Empezara a publicar xa en 1898. En 1929 ingresou no psiquiátrico de Waldau. Os últimos 23 anos da súa vida, a partir de 1933, pasounos noutro centro, o de Herisau, no Cantón de Appenzell Exterior, onde levou unha vida reservada, ordenada, rutineira e ascética. Integrado nas actividades da clínica, xamais volveu escribir.
O 25 de decembro de 1956, tras máis de vinte anos de obstinado silencio literario, Walser morreu deixando atrás unha obra sen parangón. Non foi até os anos setenta do século XX cando os seus textos empezaron a acadar a fama actual, que o converteron nun autor de culto.
2022:
O PASEO

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro