Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Xoán Carlos Domínguez Alberte (Escudeiros – Ramirás, 1966). Profesor de ensino público e escritor. Da súa iniciativa son numerosas edicións e obras colectivas. Colabora, de xeito habitual, no xornal Nós Diario.
Autor dunha ampla obra, é autor dos poemarios: material de outono (2000), As horas luminosas (2005), Incivil (2009), Materia infinita (2011), Rastros con enrugas (2014), Versos para conversar (2016), Soneto no alfabeto (2018), Partituras –con Mercedes Queixas– (2019), Nomes (2021), Entre_Vistas (2022).
É responsábel da antoloxía poética en feminino Mulher a facer vento (1998) e do volume colectivo son de poesía (2005). Da súa autoría son o ensaio Roberto Blanco Torres e a loita pola supremacía ética (1999) e a peza dramática A natureza no reino da escuridade (2003). Un dos seus últimos títulos publicados é Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova (2023).

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro