Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Isabel Rodríguez Mate é doutora en Ciencias Políticas, licenciada en Historia e DEA en Estudos Contemporáneos pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce como profesora de Xeografía e Historia no corpo de Profesores de Ensino Secundario.
É autora de diversas contribucións aos estudos feministas ou de xénero, como é o caso da investigación e coordinación da obra 22 documentos do feminismo galego; da guionización e documentación da exposición itinerante Feminismo galego, cambios sociais e dereitos das mulleres (ambas editadas pola Fundación Galiza Sempre) ou da publicación A participación política das mulleres galegas no primeiro terzo do século XX. O galeguismo.

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro