Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Edición ao coidado de Manuel Castelao Mexuto
Laiovento orgúllase de publicar Loaira, obra cimeira da literatura galega do S. XX, en que Anxo A. Rei Ballesteros traballou durante dez anos até a dar á luz en 1992. Queremos contribuír así para que texto tan sinalado encontre novos lectores e reciba o recoñecemento que merece. É unha novela radicalmente política e unha apaixonante historia de amor (como enerxía comunicante que transborda as fronteiras entre todos os seres), tamén do amor á Galiza, no seu tratamento da forma en que vivimos –ou non damos vivido– a vibración do ser comunitario. Escrita nunha prosa espléndida, o Anxo sabe preservar a emoción, unir harmonicamente a comedia e a traxedia e difundir humor ás carradas.
Esta Loaira, gobernada polo máis inabalábel respecto ao texto orixinal, corrixe as numerosísimas grallas que tanto desluciron a primeira edición e suxire –en coherencia co espírito antiautoritario (contra o Autor coactivo) do Ballesteros– unha orde de lectura dos capítulos alternativa, a cal torna un texto tradicionalmente considerado difícil nunha novela fascinante, a mellor recreación artística do mundo estudantil de Santiago de Compostela nos inesquecíbeis anos do tardofranquismo e memoria viva das súas pulsións máis imperecedoiras, nomeadamente, a emancipadora esixencia de mudar a vida.
Título: LOAIRA
Autores:
Compostela, 2023
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
490 páxinas
ISBN: 978-84-8487-629-8
tamén dispoñíbel en IBD
prezo 29,95 €
EDICIÓN EBOOK
ISBN: 978-84-8487-630-4
prezo 15,00 €




Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro