Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

analíticas (Google Analytics)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 602 428 382 · info@laiovento.gal
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

Anxo A. Rei Ballesteros

Anxo A. Rei Ballesteros (Ardesende-Codeso, Boqueixón, 1952 - A Coruña, 2008) é un dos autores maiores da literatura galega contemporánea. Alén de Loaira (1992, premio Losada Diéguez), publicou Dos anxos e dos mortos (1977), Non sei cando nos veremos (2005) e o volume de relatos A sombra dos teus soños (1998).

Cultivou o teatro con éxito en Xogos de damas (1988) e brillou como pensador en Tempo e vinganza (1989, premio Ramón Piñeiro) e Urda e mundo (2007, Premio Ánxel Fole, en colaboración con C. Fernández). Despois da súa morte foron publicadas as novelas A noite de moucho, Dezanove badaladas (escrita na adolescencia) e o ensaio Presenza dunha ausencia. En A dificultade de falar compiláronse outros textos ensaísticos e artigos.

Tamén realizou espléndidas traducións de Samuel Beckett (Molloy, 2006) e La voz humana (de Jean Cocteau, 1991), cuxa escenificación el dirixiu e Marisa Soto protagonizou en inesquecíbel interpretación.

2023:
LOAIRA

Foto de Anxo A. Rei Ballesteros

Información relacionada

UN DEMÓCRATA FRONTE Á BARBARIE FASCISTA
USTED DEBERÍA SABER
DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS
A CHUVIA SOBRE O MAR
NATUREZA E VULNERABILIDADE
INÉS
INTELIXENCIA E CREACIÓN
DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE
UMBILICAL
AGORA, EU CARIOTA
CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS
AS COUSAS POLO NOME
DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA
RUTH MATILDA ANDERSON
EMPATÍAS
© Edicións Laiovento, 2016-2026 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro

Financiado por la Unión Europea Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia