Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Xosé de Cea (Barcelona, 1970) exerce a escrita en diversos ámbitos como poesía, narrativa e xornalismo. Traballou para La Voz de Galicia e o Sindicato Labrego Galego, editando máis de cen números do voceiro da organización agraria, Fouce. Ademais, colaborou con xornais e revistas como A Nosa Terra, Nós Diario, Tempos Novos, Luzes, Cerna, Praza Pública, Página Abierta e Soberanía Alimentaria.
A súa obra publicada reflicte esta diversidade. En poesía, Presencia da fenda (2001), Solsticio de río (2010), Vilareda (2018), Versos para alén da ponte (2020) e Dende a miña barricada de sofás e canapés (2024). En narrativa infantil e xuvenil: O lume dos soños (2004), Revolución Detrito (2019) e En terra rara (2021). Para o público adulto, asinou en 2023 a novela autobiográfica Coímbra; e, como xornalista, plasmou a súa experiencia xunto aos Sem Terra do Brasil na crónica Baixo a lona preta. Xornal de viaxe dun brigadista na Baia do MST (2013).
Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro