Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

analíticas (Google Analytics)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 602 428 382 · info@laiovento.gal
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

AS GUERRAS. ENTRE A RETÓRICA E A VIOLENCIA

A guerra, omnipresente na historia desde Heródoto e Tucídides, foi reivindicada pola historiografía occidental do século XIX, que vía en Grecia e Roma o berce dun “modelo occidental” da guerra. Na actualidade, politólogos como Hanson, Luttwak e Huntington, asesores dos plans estratéxicos dos EE. UU., seguen defendendo este modelo.

Este libro analiza como se “racionaliza” a guerra, defendendo a existencia dunha vinculación íntima entre a estratexia militar, a democracia, a economía e o desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía, elementos todos eles que terían o seu nacemento na Grecia antiga e que posteriormente serían a columna vertebral do estado-nación.

A realidade foi moito máis complexa, porque a guerra vai unida á imposición de réximes políticos, permite consolidar a explotación económica e fomenta a hostilidade constante entre estados, elementos todos eles xa presentes na antigüidade clásica, que intentaría regular a guerra a través do dereito.

A partir da I Guerra Mundial, nace a guerra de materiais, que supón un incremento xigantesco da capacidade de destrución. Pero esta ocúltase construíndo a imaxe dunha “guerra hixiénica”, que nega o sufrimento real dos combatentes e da poboación civil, sobre todo dos nenos e as mulleres, que sofren un tipo de violencia bélica moi específico, tal como se pode ver no último capítulo do libro.

Neste libro analízase a “guerra vivida”, non só a pensada, na perspectiva que defendía Luciano de Samosata no século II da nosa era, cando dicía que o historiador debe ter a capacidade de dicir a verdade, querer contala e non facerlle as beiras aos poderosos.

Título: AS GUERRAS. ENTRE A RETÓRICA E A VIOLENCIA

Autor: José Carlos Bermejo Barrera

catálogo xeral, 462

Compostela, 2025

ensaio

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

204 páxinas

ISBN: 978-84-8487-727-1

prezo 19,95 €

EDICIÓN EBOOK

ISBN: 978-84-8487-728-8

prezo 11,00 €

COMEZAR A LERcomezar a ler AS GUERRAS. ENTRE A RETÓRICA E A VIOLENCIA
MERCAR ONLINEmercar online AS GUERRAS. ENTRE A RETÓRICA E A VIOLENCIA
ONDE MERCAROnde mercar AS GUERRAS. ENTRE A RETÓRICA E A VIOLENCIA
AS GUERRAS. ENTRE A RETÓRICA E A VIOLENCIA - Capa do libro
RICARDO II
O GALEGO, LINGUA NACIONAL... OU LINGUA AUTONÓMICA?
O PORTÃO VERDE
MEMÓRIA HISTÓRICA E IDENTIDADE NACIONAL
CANDO CHEGOU A NOITE
ESPAÇOS AFETIVOS DA GALIZA NA LISBOA ATUAL
QUERIDA MORTE RACHADA
UN DEMÓCRATA FRONTE Á BARBARIE FASCISTA
USTED DEBERÍA SABER
DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS
A CHUVIA SOBRE O MAR
NATUREZA E VULNERABILIDADE
INÉS
INTELIXENCIA E CREACIÓN
DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE
© Edicións Laiovento, 2016-2026 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro

Financiado por la Unión Europea Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia