Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Edicións Laiovento é unha editorial de libros en galego e portugués. Esta editorial comprácese de promover e difundir a literatura nestas dúas linguas, honrando a súa riqueza cultural e fomentando o seu desenvolvemento. O galego e o portugués son linguas irmás, compartindo raíces históricas e vínculos culturais profundos. Publicando libros en galego e portugués buscamos dar voz aos escritores e poetas que se expresan nestes idiomas, contribuíndo á diversidade literaria.
Aviso aos/ás autores/as: Edicións Laiovento non garante a lectura nin a resposta de orixinais non solicitados.

Que é a natureza? Existe a natureza? A natureza é unha construción cultural ou social? Existe algo independentemente de nós ao que nos poidamos referir así, nesta época do Antropoceno? Por outra banda, podemos danar a natureza? Ese dano é algo consubstancial a ela ou é un feito histórico? A todas estas preguntas trata de responder este libro, dende a filosofía e apoiándose noutros campos do saber.
A través das súas páxinas veremos que a natureza segue a ocupar un lugar preeminente nas preocupacións das nosas sociedades contemporáneas, ora como recurso que aproveitar, ora como espazo que habitar. Sexa de esguello ou directamente, como fai o ecoloxismo, as miradas cara á natureza continúan a estar presentes nos nosos discursos e elaboracións teóricas en diferentes eidos. O presente libro fai unha análise orixinal, pertinente e rigorosa sobre o concepto de natureza, a partir da constatación da súa vulnerabilidade, entendida esta como exposición ao dano e como apertura. Unha vulnerabilidade que non se refire á súa esencia, senón aos acontecementos históricos que desembocaron nela.
Hoxe cobra importancia pensar na Terra, cando o despregue do gran capital e a súa globalización económica destrúen e actúan como contrapunto da mesma, solapándoa, ocultándoa e negándoa, tendo como resultado a conseguinte crise ecolóxica na que estamos inseridos. Unha crise que pon o foco na lameira sobre a que se sustentan as nosas sociedades, pasando por alto toda unha ontoloxía de relacións que explica a nosa comunidade de vida.

París, anos sesenta. Inés, unha moza española criada nun convento, chega á cidade coa esperanza dun futuro mellor, contratada como criada nunha casa acomodada. Pero o que semellaba unha oportunidade convértese nunha trampa: unha rede de intelectuais e poderosos sométena a humillacións, abusos e rituais de crueldade. A través desta historia descarnada, Elena Garro transforma a dor en literatura e converte Inés nunha denuncia brutal da impunidade, da hipocrisía e do dominio masculino.

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro