Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

analíticas (Google Analytics)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 602 428 382 · info@laiovento.gal
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

GOLFARÓNS DE SANGUE

“O escritor de Caldas de Reis, a través da súa longa actividade na Administración Local, profundiza nos campos de referencia, vencéllase coas situacións contextuais galegas, axeitadas para artellar media ducia de libros de contos e novelas. Este denso corpus narrativo, encetado hai un cuarto de século, coas arreguizadas historias do wolfram, chega arestora ao cumio con Golfaróns de sangue, novela alumeante, cheas de tensións lindeiras, dun tempo de vingas sanguentas e crimes arrepiantes.

Fariña Jamardo adopta, nesta novela, unha estratexia complexa, anovadora. O discurso diexético artéllase sobre parámetros temporais dispares, e nárrase dende dúas perspectivas básicas. O autor consegue controlar a situación do axente, en doce escenas independentes, representadas cunha perspectiva externa, transmitida con formas verbais da terceira persoa do cronotipo pretérito. No mesmo espazo tópico, fumegante, da vella cociña aldeá, o derradeiro Xeitoso mantense omnipresente, ao longo da novela. As posturas acougadas, sentado na cadeira, a carón do remol cincento, trócanse nas accións kinésicas de erguerse, acadar a leña para avivecer o fogo, quentar e restregar as mans ateridas, diante das chamas, beber uns grolos de augardente”

Benito Varela Jácome

Título: GOLFARÓNS DE SANGUE

Autor: José Fariña Jamardo

catálogo xeral, 442

Compostela, 2024

narrativa

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

246 páxinas

ISBN: 978-84-8487-663-2

tamén dispoñíbel en IBD

prezo 24,95 €

EDICIÓN EBOOK

ISBN: 978-84-8487-664-9

prezo 13,00 €

COMEZAR A LERcomezar a ler GOLFARÓNS DE SANGUE
MERCAR ONLINEmercar online GOLFARÓNS DE SANGUE
ONDE MERCAROnde mercar GOLFARÓNS DE SANGUE
GOLFARÓNS DE SANGUE - Capa do libro
NATUREZA E VULNERABILIDADE
INÉS
INTELIXENCIA E CREACIÓN
DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE
UMBILICAL
AGORA, EU CARIOTA
CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS
AS COUSAS POLO NOME
DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA
RUTH MATILDA ANDERSON
EMPATÍAS
ET IN GALLAECIA EGO
Sobre Vilanova de Alba
REFERENTIAS
CARTOGRAFÍA IDEOLÓXICA DE XOSÉ LOIS GARCÍA
© Edicións Laiovento, 2016-2026 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro

Financiado por la Unión Europea Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia