Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

analíticas (Google Analytics)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 602 428 382 · info@laiovento.gal
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

LÉXICO FAMILIAR

«Ao longo da miña infancia e adolescencia tiña en mente sempre escribir un libro que falase das persoas que vivían daquela ao meu redor. Este é, en parte, ese libro. Iso si, só en parte, porque a memoria é lábil e porque os libros que se toman da realidade non son a miúdo senón tenues faíscas e estelas de canto vimos e ouvimos».

Léxico familiar é o libro de Natalia Ginzburg que maiores e máis duradeiras reflexións ten provocado na crítica e nos lectores. A chave desta novela extraordinaria trázase xa no título. Primeiro «familiar», porque narra a historia dunha familia xudía e antifascista: os Levi, en Turín, entre os anos trinta e cincuenta do século pasado. E «léxico», porque os camiños da memoria pasan a través da lembranza de frases, maneiras de dicir, expresións particulares. Escribe Ginzburg: «Nós somos cinco irmáns. Agora vivimos en cidades distintas, algúns están no estranxeiro e non nos carteamos con frecuencia. Cando nos atopamos, podémonos mostrar uns cos outros indiferentes ou distantes. Pero abonda, entre nós, unha palabra. Abonda unha palabra, unha frase, unha daquelas frases antigas, ouvidas e repetidas infindas veces na época da nosa infancia, abonda dicir: “Non viñemos a Bérgamo para namoriscar” ou “A que fede o ácido sulfhídrico?», para reencontrarmos no acto as relacións de en tempos, a nosa infancia e mocidade, ligadas de maneira indisoluble a esas frases, a esas palabras».


Tradución de María Alonso Seisdedos

Título: LÉXICO FAMILIAR

Autores:

catálogo xeral, 416

Compostela, 2022

narrativa

premio de tradución follas novas

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

202 páxinas

ISBN: 978-84-8487-588-8

tamén dispoñíbel en IBD

prezo 17,95 €

EDICIÓN EBOOK

ISBN: 978-84-8487-589-5

prezo 9,00 €

COMEZAR A LERcomezar a ler LÉXICO FAMILIAR
MERCAR ONLINEmercar online LÉXICO FAMILIAR
ONDE MERCAROnde mercar LÉXICO FAMILIAR
LÉXICO FAMILIAR - Capa do libro
NATUREZA E VULNERABILIDADE
INÉS
INTELIXENCIA E CREACIÓN
DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE
UMBILICAL
AGORA, EU CARIOTA
CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS
AS COUSAS POLO NOME
DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA
RUTH MATILDA ANDERSON
EMPATÍAS
ET IN GALLAECIA EGO
Sobre Vilanova de Alba
REFERENTIAS
CARTOGRAFÍA IDEOLÓXICA DE XOSÉ LOIS GARCÍA
© Edicións Laiovento, 2016-2026 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro

Financiado por la Unión Europea Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia