Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

analíticas (Google Analytics)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 602 428 382 · info@laiovento.gal
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

MEMORIAS DUN EXGALEGO (2ª ED)

“Comecei a odiar a miña familia o día en que nacín”. Así arrinca esta biografía de odio. Anxo, o seu narrador e protagonista, é a personificación do autoodio: despreza as súas orixes, a súa terra e a súa clase social. Odia a súa deforme nai, o seu fracasado pai, o seu beato irmán, a súa rancorosa avoa e o seu inútil único amigo. Odia o cheiro da súa vila mariñeira, odia os seus veciños pailáns e odia a súa rústica lingua. Cre que a vida lle ten preparado algo mellor que a mediocridade que o rodea, que a súa beleza e o seu intelecto merecen algo máis, polo que o seu único obxectivo é marchar e romper para sempre cos vínculos que o atan ao lugar e ás persoas que o viron nacer. Ninguén o deterá no seu camiño ao “éxito”.

Nesta novela acompañamos a Anxo na súa fuxida das orixes e asistimos abraiados e, en moitas ocasións, mortos de risa, ao seu fulgurante ascenso ao máis baixo. Vantaxista, disoluto, libertino e tamén ruín, perverso e depravado son algúns dos adxectivos que adornan este odiador que, de xeito descarnado e hilarante, nos narra a súa vida. En certos momentos quizais nos lembre, por razóns moi diversas, outros personaxes literarios como Ignatius J. Reilly de A conxura dos necios ou Adrián Solovio de Arredor de si. Unha novela picaresca que nos atrapará coa súa hábil construción de caracteres e co seu trepidante ritmo cinematográfico.

Atención ao inesquecible final.


“Con Memorias dun exgalego, Araújo rompe todos os moldes do convencional para asomarnos a un abismo moi politicamente incorrecto”.

Elena Méndez, La Voz de Galicia


“Preparen o corpo como o fan con Peckinpah ou Tarantino. Están advertidos da emocional vertixe”.

Oriana Méndez, Faro de Vigo

Título: MEMORIAS DUN EXGALEGO (2ª ED)

Autor: Josiño Araújo Pérez

catálogo xeral, 407

Compostela, 2022

narrativa

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

282 páxinas

ISBN: 978-84-8487-582-6

tamén dispoñíbel en IBD

prezo 21,95 €

EDICIÓN EBOOK

ISBN: 978-84-8487-583-3

prezo 10,00 €

COMEZAR A LERcomezar a ler MEMORIAS DUN EXGALEGO (2ª ED)
MERCAR ONLINEmercar online MEMORIAS DUN EXGALEGO (2ª ED)
ONDE MERCAROnde mercar MEMORIAS DUN EXGALEGO (2ª ED)
MEMORIAS DUN EXGALEGO (2ª ED) - Capa do libro
NATUREZA E VULNERABILIDADE
INÉS
INTELIXENCIA E CREACIÓN
DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE
UMBILICAL
AGORA, EU CARIOTA
CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS
AS COUSAS POLO NOME
DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA
RUTH MATILDA ANDERSON
EMPATÍAS
ET IN GALLAECIA EGO
Sobre Vilanova de Alba
REFERENTIAS
CARTOGRAFÍA IDEOLÓXICA DE XOSÉ LOIS GARCÍA
© Edicións Laiovento, 2016-2026 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro

Financiado por la Unión Europea Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia