Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Francisco Xavier Redondo Abal (nado en Pontevedra en 1964, e finado en Santiago de Compostela o 20 de febreiro de 2026) é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, institución na que traballa como bibliotecario.
Coa recuperación da memoria histórica democrática como eixe das súas investigacións, publicou artigos en A trabe de ouro, Terra e tempo, Murguía, Grial, Luzes, Galegos, Madrygal, Anuario brigantino, Inzar razóns, Claridade... e deu ao prelo libros como Percorrendo a catástrofe (2005), Botarse ao monte (2006), Alfonso Ortega Prada: memorias de un socialista perseguido por el fascismo (con Pilar Ortega González, 2007), Memoria(s) de Marcelino Fernández Prada, un alcalde socialista e revolucionario (2007) e A memoria dos libros (2008).
En Laiovento publicou os seguintes ensaios: O fulgor e as tebras (2009), Proceso a una biblioteca (2010), O mar e a memoria (2012) e Bibliotecarias e bibliotecarios ‘infames’ (2014). Xunto a Margarita García Candeira foi responsábel do catálogo Biblioteca de José Ángel Valente (USC, 2016).

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro