Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Unha soa casa enfronte do mar, bañada pola marusía nos días de temporal, dúas plantas, un patio, unha escaleira e un corredor que é columna vertebral dun organismo que palpita, que respira, que se move.
A casa encolle de frío os días de néboa e chuvia, cun ruído de abismo nas almofadas e tremor de follas nas contras; agrándase os días de calor luminosa que bate contra a fachada, cando abro as ventás e esa forza prodixiosa que é o espazo sen límites esperta en min unha enerxía de raíz sementada, e berro os nomes que configuran unha das eternidades conscientes que podo sentir, a respiración dun intre único.
É doado intuír que a casa existiu, que me habitou moito máis que eu a ela. A orfandade que deixou, que son moitas orfandades, permanece, están no texto; en cada unha das palabras e signos, nas dúbidas, nas convocatorias e chamadas, nas ausencias que abundan, na breve luz que nace sempre a carón dunha sombra, como nas catedrais.
Ilustracións: Juan de la Sota
Título: A CASA SEN NÓS
Autor: Xaime Toxo
Compostela, 2019
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
82 páxinas
ISBN: 978-84-8487-450-8
prezo 12,00 €




Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro