Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Este texto, narrado nunha das terceiras persoas máis famosas da Historia da Literatura, relata a conquista da Galia polo seu autor. A obra foi concibida como un relato de campaña bélica destinado a fornecer dunha fonte de primeira man a historiadores posteriores, pero tamén como unha arma de propaganda: neste senso, o seu fin foi incrementar a influencia da figura de César na opinión pública informada da antiga Roma, e así servir de alicerce para a concreción das súas ambicións de poder. Por iso, A guerra da Galia constitúe unha fonte da maior importancia para comprender o seu xeito de actuar, así como a súa personalidade.
Os efectos sobre o territorio da conquista de César séntense aínda hoxe, pois a administración da Galia como provincia converteuna nunha peza básica do Imperio Romano, da que xurdiría o reino medieval dos francos e o futuro estado francés.
Polo que toca á pegada do texto na posteridade, xa desde o Renacemento esta obra foi moi lida e admirada por un gran número de gobernantes e militares europeos, que nela aprenderon nocións de estratexia bélica, e tamén de habelencia política.
Ademais, para moitas xeracións de estudantes de latín de toda Europa, este foi o primeiro texto amplo ó que se enfrontaron, e co que abriron unha porta á súa propia comprensión do funcionamento da lingua de Roma.
Coidamos que todas estas razóns son máis que abondas para que o idioma galego se conte, por fin, entre as moitas linguas que posúen unha tradución de A guerra da Galia.
Título: A GUERRA DA GALIA
Autores:
Catálogo Xeral, 371
Compostela, 2019
Narrativa
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
370 páxinas
ISBN: 978-84-8487-444-7
prezo 25,00 €