Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN

RETRATO DO COLONIZADO

Tradutor: Claudio López Garrido

A Editorial Laiovento honra-se em dar a conhecer, em galego, Retrado do Colonizado precedido do Retrato do Colonizador de Albert Memmi no qüinquagésimo aniversário da sua primeira ediçom por Jean Jacques Pauvert (1966).

Prologado na versom francesa por Jean-Paul Sartre e na inglesa por Nadine Gordimer, prémio Nobel de Literatura em 1991, este livro encontra- se entre as cem obras que marcárom o século XX, segundo a socióloga Catherine Déchamp-Le Roux.

Considerado um dos estudos psicológicos mais penetrantes jamais realizados sobre a opressom, esta obra tornou-se um clássico da literatura anticolonial e, como tal, é livro de releitura que conserva a sua capacidade de explicaçom e a sua validez, apesar do tempo decorrido. Proibido polos governos coloniais e confiscado polas suas polícias, esta obra converteu-se em leitura obrigada e instrumento de conscientizaçom dos militantes colonizados.

O mais surpreendente é que gente tam díspar como um canadiano, um magrebi ou um japonês se vissem refletidos no retrato do colonizado. Para um galego, por momentos, mesmo parece que a pluma de Memmi fosse guiada polo próprio Castelao, que, trinta anos antes, escrevia: «Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no espíritu dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal e que falar castelán era falar ben. Expulsáchedes o galego das igrexas, facendo que os representantes de Cristo explicaran o Evanxeo no idioma ofi cial, que o pobo non falaba nin comprendía ben. Refugáchedes o galego ante os Tribunais de xustiza e chegáchedes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas».

Descatalogada desde hai anos, tanto em espanhol como em português, careceu no nosso país da difusom que merecia. Injusta ou deliberadamente esquecida, esta obra é um inestimável contributo para que as novas geraçons conheçam

Título: RETRATO DO COLONIZADO
precedido do RETRATO DO COLONIZADOR

Autor: Albert Memmi

Catálogo Xeral, 335

Compostela, 2016

Ensaio

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

125 páxinas

ISBN: 978-84-8487-336-5

prezo 14,90 €

COMEZAR A LER
MERCAR
DE BENPOSTA A LAMABOA
FAUSTO (2ª Ed.)
OS IRMÁNS DE AMÉRICA
A FIGURACIÓN GALEGA DE IRLANDA (1840-1936)
O PORTUGUÉS ESQUECIDO
DESCENTRALIZACIÓN FISCAL E DESENVOLVEMENTO
A VIAXE XEOMÉTRICA DE DOMINGO FONTÁN
AS MULHERES DA CASA DA BOUÇA DA ROUPA ESTENDIDA
DFW NAS PROFUNDIDADES DA TRISTEZA INFINITA. AS CANCIÓNS QUE LLES CANTABAS AOS CATIVOS.
PERMANENCIA
MOCIÑAS (2ª ED)
A VERDE PEL DE GAIA
RECTIFICAR A HISTORIA
O SPLEEN DE PARÍS
A REVOLUCIÓN EN MARCHA
© Edicións Laiovento, 2016-2021 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda