Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Twittersíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN
pesquisar
síguenos en Twittersíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

MARXES E CENTROS

Algúns dos dez traballos de Antón Figueroa recollidos neste libro foron publicados orixinalmente en lugares de acceso non sempre doado para os interesados na súa lectura ou consulta. O criterio activado polo equipo editor para a efectuar a selección transcendeu, con todo, tal singularidade e procurou a representatividade e o interese específicos dos asuntos abordados desde unha perspectiva actual.

Neste sentido, pode afirmarse que os textos aquí compilados supoñen unha escolma fidedigna e cabal do pensamento de Antón Figueroa e do conxunto das súas investigacións. A súa lectura evidencia a gran coherencia heurística, epistemolóxica e crítica –no sentido máis amplo do termo– que arrincaba en 1988 con Diglosia e texto e alcanza as últimas publicacións do autor. Entre elas, Ideoloxía e autonomía no campo literario galego (Laiovento, 2010) e “Le processus d’autonomisation et l’évolution des fonctions des rapports extérieurs dans les littératures minoritaires. Le cas galicien” (en A. Boschetti, dir., L’Espace culturel transnational, 2010).

Figueroa regresa nos artigos agora compilados sobre cuestións anticipadas noutros ensaios pero faino sempre con perspectivas anovadoras que dilatan a especificidade analizada e contrastan a súa entidade con novas conceptualizacións e novos fundamentos metodolóxicos, permanentemente sometidos a revisión e a un principio de reflexividade. Este último atinxe ante todo ao suxeito que analiza e describe a realidade social e cultural da que pretende dar conta. Por isto mesmo resulta de máxima funcionalidade como peche do volume a entrevista que o equipo editor deste volume mantivo co profesor en torno a unha autoanálise aplicada sen restricións cronolóxicas nin de ningunha outra índole.

Título: MARXES E CENTROS
Para unha socioloxía do campo cultural

Autor: Antón Figueroa

Catálogo Xeral, 321

Santiago, 2015

Ensaio

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

222 páxinas

ISBN: 978-84-8487-295-5

prezo 16,00 €

MERCARmercar MARXES E CENTROS
A NACIÓN DOS MIL VIÑOS
NACIONALISMO, LIBERALISMO E OUTROS TEMAS
RETRATOS EN FITE
LÉXICO FAMILIAR
A MULLER DE LONA
MEMORIAS DUN EXGALEGO (2ª ED)
A GRANDE TRANSFORMAÇOM
A CUESTIÓN POLÍTICA NA PERSOA E NO PENSAMENTO DE MARTIN HEIDEGGER
PANDRAMA
SOÑOS NO LIMIAR
TRÍPTICO ÁRTABRO
O TERROR NAS TEBRAS E OUTRAS CATAS NA MEMORIA
O PORTUGUÉS ESQUECIDO (2ª ED)
O ESCÁNDALO DO LÉXICO GALEGO
CABANILLAS / OTERO PEDRAYO
© Edicións Laiovento, 2016-2022 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda