Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN

DESAPRENDA A FALAR GALEGO EN 15 DÍAS COS ERROS DUN TRADUTOR AUTOMÁTICO

O tradutor automático é unha utilísima ferramenta informática para unha aproximación a textos escritos noutras linguas. Ofrece unha primeira fase moi interesante; fai, como se dixésemos, o "traballo duro", mais despois o seu resultado debe ser revisado e corrixido por persoas que coñezan os fallos que se poden producir. Porque sempre se producen.

Se alguén que non coñece o galego aprendese o noso idioma a través dos textos saídos directamente dos tradutores automáticos, aprendería unha fala ben rara e grotesca que pouco se asemella á nosa lingua. Igualmente, se alguén que non tivese moi asentado o idioma tivese o hábito de ler acotío eses textos dándolles total fiabilidade lingüística acabaría, desaprendendo o galego. O obxectivo deste libro é poñer de manifesto os mecanismos que producen os erros para así sermos capaces de corrixilos, de aprender dos propios erros, de reaprender a nosa lingua.

Título: DESAPRENDA A FALAR GALEGO EN 15 DÍAS COS ERROS DUN TRADUTOR AUTOMÁTICO

Autor: Henrique Harguindey Banet

Fora de Serie, 18

Santiago, 2010

EDICIÓN IMPRESA

17x21cm

170 páxinas

ISBN: 978-84-8487-178-9

prezo 20,00 €

MERCAR
PERMANENCIA
MOCIÑAS (2ª ED)
A VERDE PEL DE GAIA
RECTIFICAR A HISTORIA
O SPLEEN DE PARÍS
A REVOLUCIÓN EN MARCHA
OS SANTOS DAS NACIÓNS
UNA MONARQUÍA CORRUPTA Y HEREDERA DEL FRANQUISMO
CATAS NA MEMORIA
PROSAS DE COMBATE E MALDICER (2ª ED)
LINGUA GALEGA: NORMALIDADE E CONFLITO (2ª ED)
O ESTRANGULAMENTO TECNOLÓXICO DE GALIZA
A INDUSTRIA GALEGA DOS CURTUMES
© Edicións Laiovento, 2016-2021 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda