Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Gordon Brown, rector da Universidade de Edimburgo, coordina este Libro Vermello no que se debate, desde a esquerda, a conveniencia de aplicaren en Escocia un sistema autonómico. Perante un Partido Nacionalista Escocés que declara non ser de dereitas nin de esquerdas, xornalistas, historiadores, economistas, escritores e sindicalistas representantes das diferentes posicións da esquerda escocesa, analizan a conflictiva realidade política e socio-económica do seu país para chegaren ás raíces máis profundas do problema: desde as implicacións da CIA ata o poder político das multinacionais. En moitos aspectos a situación actual de Escocia é parella á de Galicia, polo que o lector intelixente e honesto entenderá que algunhas das análises feitas neste libro poden ser aplicadas á nosa realidade e tirar as conclusións pertinentes.
Tradución do inglés de María X. Casal.
Título: LIBRO VERMELLO DE ESCOCIA
Selección de Gordon Brown
Autor: Gordon Brown
Catálogo Xeral, 31
Santiago, 1993
Ensaio
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
192 páxinas
ISBN: 978-84-87847-30-7
ESGOTADO