Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Edicións Laiovento é unha editorial de libros en galego e portugués. Esta editorial comprácese de promover e difundir a literatura nestas dúas linguas, honrando a súa riqueza cultural e fomentando o seu desenvolvemento. O galego e o portugués son linguas irmás, compartindo raíces históricas e vínculos culturais profundos. Publicando libros en galego e portugués buscamos dar voz aos escritores e poetas que se expresan nestes idiomas, contribuíndo á diversidade literaria.

CONECTA CO ÍNTIMO
“… e velaí a proposta sen perder a frecuencia, nin o sinal, no desexo de “conecta co íntimo”. E así a complicidade do sentepensar. Nada de perdas innecesarias, que unha , das dúas oportunidades que se dean, non será moito pedir, que sexa a de querer ler e así quedarse dando voltas e máis voltas, nas vivencias, nas experiencias. No posible destes versos, na lectura de conquistas, oxalá eles toquen a alegrías e así vaian a menos as indiferencias, e se marquen espazos sentidos de emocións. Que ben así, dar o paso de tentar o ando do traxecto polos poemas. Canta ilusión en apañar bo rianxo e levalo ao directo, activado, a poder ser aprendendo e soñando ti e vós os meus e nosos soños ( os rotos tamén) e tratar así de irmos a algún lado, pois a poesía quere que vaiamos a ela todos os días e logo que viaxemos onde nos pete e poidamos. Volvámonos formigas de formigas. Non camiñemos levados polos silencios. Afloremos os desexos ocultos. Fagamos vida da vida ( e para ela).Recuperemos nos versos , se for o caso, e pola lectura, máis fíos para nos encantamentos obrar de mellor gusto. Velaí este “conecta co íntimo”, poesía que volve, palabra a camiñar, un anaco de relación diso (e niso) que chamamos vida.”


Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro