Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño é o relato da carismática procura dunha poética teatral propia.
O libro traduce en termos divulgativos unha complexa aventura artística seguindo o rastro dun creador xenial que ilumina os vinte e cinco anos finais do segundo milenio. Neste alambique destílase un insólito fenómeno cultural colectivo, metonimia da vitalidade dun ambiente social ben próximo aínda que xa admite unha visión histórica.
O volume iníciase reivindicando o valor do autor e reconstruíndo a súa carreira para logo catalogar e clasificar as súas obras, avanzando unha lectura temática dos proxectos en que empeñou a vida. A proposta remata esgotando a análise dun proxecto, a primeira superprodución plenamente galega, Agasallo de sombras. Deste modo supérase o perfil externo e penétrase no obradoiro creativo do autor mediante a reconstrución virtual dos procesos de creación e explotación escénica e a análise dos textos desde dous focos complementarios, o dramatolóxico e o teórico-crítico.
Título: A OBRA DRAMATICA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Autor: Xosé Manuel Fernández Castro
Catálogo Xeral, 279
Santiago, 2011
Ensaio
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
592 páxinas
ISBN: 978-84-8487-207-8
prezo 26,00 €