Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Sen dúbida, o ser humano adopta a máscara porque non está seguro da súa identidade. A vella oposición platónica mundo real-mundo aparente, na cal reside o problema da máscara, recóllea de forma pesimista Schopenhauer e retómaa máis tarde Nietzsche, quen ve a civilización como máscara, pois opina que a aparencia é a única realidade. Para el, todo é máscara, que oculta outras máscaras. O disfrace nace da inseguridade; o home recorre a el para combater a febleza e o medo.
***********
O cronotopo medieval fúndese co da posguerra española por obra e graza dos anacronismos. Os axentes que sementan o terror polas rúas son os mesmos. Son os de onte e os de hoxe ao mesmo tempo e no mesmo espazo, espazo que abrangue toda a historia pola súa característica (resaltada) de conservar o tempo comprimido. O espazo lúdico da represión domina sobre o espazo dramático e crea o espazo histórico do medo, do arrepío.
***********
A penetración do teatro oriental nas nosas latitudes incrementouse paulatinamente cos intercambios e as viaxes en ámbalas direccións. A chegada a Europa no primeiro terzo do pasado século de bailaríns e actores, como Michio Ito, Mei Lan Fang ou Sada Iacco, ou a xira de compañías asiáticas, foi neste sentido decisiva. A atracción que espertou nos máis importantes homes de teatro posibilitou unha notábel renovación da arte escénica occidental, da cal xurdiu en gran parte todo o movemento teatral moderno.
Título: ESCENA APERTA
Escritos sobre teatro
Autor: Euloxio R. Ruibal
Catálogo Xeral, 259
Santiago, 2009
Ensaio
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
164 páxinas
ISBN: 978-84-8487-177-0
prezo 17,00 €